NOVAS

Hoxe, luns 17 de Setembro, ábrese o prazo de matrícula na Escola de Música Moderna

Publicado o 17 de Setembro de 2020

A Escola de Música Moderna abre hoxe luns 17 de setembro o prazo de matrícula –ata agotar prazas- para asistir ás clases de guitarra, batería e baixo.

Tamén ábrese o mesmo día o prazo para solicitar as aulas de ensaio por parte dos grupos musicais. Tanto as clases coma as aulas de ensaio ubícanse na Casa da Mocidade, en A Gándara.

A inscrición en ambos casos deberá realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello -situada no 1º andar do edificio consistorial- en horario de mañá. Poderán inscribirse nas clases de música os mozos/as de 12 a 26 anos de idade, empadroados en Narón. Para empregar as aulas de ensaio, deberán ser grupos de música que teñan como mínimo un membro de Narón, e poderán empregalas de martes a sábados nunha marxe horaria de 16:00 a 22:00 horas.

As clases de aprendizaxe musical de guitarra terán tres horarios posibles en función dos coñecementos previos do alumnado. Así, haberá dous grupos de iniciación (para mozos/as que queiran iniciarse no mundo da guitarra e non teñan coñecementos previos) e un grupo de perfeccionamento (para mozos/as que xa teñan coñecementos previos de guitarra e queiran ampliar contidos e perfeccionalos). As clases de batería e as clases de baixo comezarán cun único horario, tendo a posibilidade de incrementarse en función da demanda existente.O prezo é de 7,84€ usuario/a ou grupo ao mes (tal e como establece a Ordenanza nº15, reguladora da taxa por servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario).

Dende Dameuntoke podédesvos descargar os formularios para encher e solicitar unha praza na Escola de Música Moderna ou a utilización das aulas de ensaio municipais: