NOVAS

I Carreira popular de orientación Cidade de Narón

Publicado o 20 de Abril de 2017

O concello e o club Gallaecia Raid organizan a "Carreira popular de orientación Cidades de Narón" que terá lugar este sábado en Sedes

A primeira edición da Carreira popular de orientación, organizada polo concello e o clube Gallaecia Raid e na que colaboran diversas entidades e empresas, terá lugar este sábado 22 de abril no recinto feiral do Trece.

O concelleiro de deportes Román Romero,  e o representante do clube Gallaecia Raid Pablo López, anunciaron que participarán 210 personas procedentes de distintos municipios de Galicia. O concelleiro de deportes de Narón valorou o evento destacando o éxito da participacion nesta primeira edición.

Asimesmo, Romero animou á xente a desprazarse ata Sedes para ver estas probas, abertas a todos os públicos, algo non habitual neste tipo de carreiras.

  1. Infantil: Ata 12 anos. A hora de inicio 18:30 horas, hora de finalización 19:30 horas. O percorrido é dun total de 2 km.
  2. Medio: Para adultos ou persoas acompañadas por un adulto. Pódese participar a título individual ou en grupo. A hora de inicio é as 18:15 horas, a finalización está prevista para as 20:00 horas. A proba consiste nun percorrido total de 5 km.
  3. Longo: Só para adultos. A hora de inicio é as 18:00 horas, e a prevista de finalización as 20:00 horas. En total, 11 Km!

Os participantes guiaranse por un mapa que recibirán cinco minutos antes do comezo da proba e que non poderán ver ata que reciban a autorización dos organizadores. Ao longo de cada un dos percorridos instalaranse unha serie de balizas que os participantes terán que atopar seguindo as ubicacións indicadas no mapa. Deberán anotalas nunha tarxeta, que entregarán ao remate da carreira ao personal de control.
O concellerio de Deportes de Narón avanzou que o vindeiro mes de maio terá lugar unha proba de series mundiais de carreiras de aventuras na que tamén participará o concello naronés, donde se establecerá un punto de transición para os participantes. Tamén apuntou que a idea da carreira do vindeiro sábado xurdiu a partir desta.
Así mesmo, Romero lembrou que hai tan só dúas semanas se impartiu unha charla no colexio do Feal explicando en qué consiste a carreira deste sábado e animando aá xente a que participen neste tipo de probas deportivas.