A Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea e a Federación Galega de Atletismo organizan a “I Carreira Solidaria Asotrame”, un evento no que colabora o Concello de Narón a través do Padroado de Deportes.
A Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea e a Federación Galega de Atletismo organizan a “I Carreira Solidaria Asotrame”, un evento no que colabora o Concello de Narón a través do Padroado de Deportes.
O concelleiro da área, Román Romero, presentou a actividade acompañado pola presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro.
A cita terá lugar este domingo, día 27, e consistirá en:
- Unha carreira para adultos: 5 quilómetros-,
- Tres máis para as categorías de infantil e cadetes: 1,5 quilómetros-
- Benxamíns e alevíns: 1 quilómetro
- Pitufos: 0,1 quilómetros
- Dúas andainas, unha para adultos e outra para menores (ata o ano 2000): 3 quilómetros.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata este xoves para inscribirse a través da páxina: www.carreirasgalegas.com, onde poden consultar, entre outros datos, os percorridos.
Cal é o prezo? O prezo é de sete euros para os adultos e un para o resto –para participar nas carreiras- e de catro euros para a andaina de adultos e un para a de menores.
A presidenta de Asotrame explicou que a carreira de adultos comezará ás 11.00 horas e a partir das 12.00 sucederanse as do resto de categorías, saíndo todas do pavillón polideportivo da Gándara.
Cristina Piñeiro apuntou ademais que é preciso presentarse no pavillón unha hora antes para recoller os dorsais.
A media mañá de hoxe había máis de 260 persoas anotadas para as carreiras e de 110 para as andainas.
O diñeiro recadado destinarase á Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea, tal e como apuntou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que animou á veciñanza de Narón e da comarca a participar nesta actividade solidaria pensada para os maiores pero tamén para os nenos e nenas.
Ao remate da convocatoria haberá trofeos e premios para os mellor clasificados e o resto de participantes. Vémonos alí!