Como vai ese espírito solidario? Tédelo a tope? Pois temos unha cita...
Onde? No Pazo da Cultura, hoxe 31 de outubro ás 21:00 horas vai ter lugar o I Concerto Solidario a beneficio do Centro de Recursos Solidarios de Narón (CRS).
Canto costa? A entrada costa 5 €, ademais vai haber unha Fila Solidaria (nº de conta: 0072 8158 15 0600024314)
O programa de actuacións é o seguinte:
- Grupo "La Promesa": banda pop-rock formada por Diego Dopico, Christian Figueroa, Berto Lorenzo, Ramón Leiro, Juan Maroño e Loren Paz
- Actuación de alumnos e alumnas da Escola de Bailes de Salón do Padroado de Cultura de Narón
- Vídeo presentación do Centro de Recursos Solidarios
- Actuación da Xove Banda de Narón, formada por músic@s procedentes das Escolas de Narón e da Asociación Cultural e Musical "Sementeira"
Vemonos ali! Cando chegues, xa sabes! Dameuntoke!