NOVAS

I Copa Benefica de Agility ‘Cometa’

Publicado o 24 de Febreiro de 2012

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa a I Copa Benéfica Agility ‘Cometa’ acompañada por membros desta asociación, organizadora do evento,  no que colabora o Padroado de Deportes do Concello de Narón.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa a I Copa Benéfica Agility ‘Cometa’ acompañada por membros desta asociación, organizadora do evento,  no que colabora o Padroado de Deportes do Concello de Narón.

A Copa Agility se celebrará o vindeiro sábado 25 de febreiro no paseo marítimo de Xuvia, e a recadación que se alcance coa venda de rifas destinarase  ó refuxio para animais abandonados, que a asociación Cometa está a construir na parroquia de Doso (Narón) e que agárdase que entre en servizo no ano 2013.

O programa desta I Copa Benéfica de Agility é o seguinte:

  • 16:00 horas: Exhibición de mushing, na que participarán 18 cans.
  • 16:30 horas: Comezo da competición de Agility (grao 1)
  • 18:00 horas: Sorteo rifa (premio: unha volta no quad cun equipo de 12 cans)
  • 18:15 horas: Comezo da competición de Agility (grao 2)
  • 19:30 horas: Fin da competición
  • 19:45 horas: Sorteo rifa (mesmo premio que o anterior)

 

En total agárdase a participación de 48 cans de diferentes razas (tódalas razas poden participar nesta disciplina, que aínda non está considerada deporte) procedentes de Galicia e Asturias.

Ademáis, está prevista a exhibición do equipo de cans de trineo Galizamushing.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, agradeceu a esta asociación “a súa labor solidaria e desinteresada na defensa dos cans abandonados. É de agradecer enormemente que a xente nova se involucre socialmente na problemática do abandono de animais”, concluíu.