NOVAS

I Torneo Benéfico Aberto de golf a favor da loita contra o cancro

Publicado o 17 de Agosto de 2016

O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero, presentou a semana pasada o I Torneo Benéfico Aberto a favor da loita contra o cancro que organiza o Concello xunto con PoolStar Golf.

Este evento terá lugar os días 9 e 10 de setembro nas instalacións que o club de golf Campomar ten na parroquia do Val. Na rolda de prensa, o edil estivo acompañado por Francisco Pita-Romero, representante da directiva do club de golf Campomar, e polos responsables da entidade PoolStar Golf Juan Sousa e José Ángel Santiago, que anunciaron que todas as persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición no club de golf Campomar a través do teléfono 981 453 910, o correo electrónico gerenciacampomar@gmail.com ou na súa páxina web www.clubcampomar.com. O prezo para os socios do club é de 15 euros e de 25 para os que non o son. 

Romero quixo animar a todos os e as golfistas da zona a que participen nun torneo que quere contribuír co seu gran de area á loita contra o cancro. “Cantas máis persoas participen, máis alcance terá esta iniciativa”, dixo, a primeira destas características que se celebran na comarca. O obxectivo é superar o cento de persoas participantes e, para acadalo, a organización sorteará máis de 40 regalos en estancias en hotel, material deportivo, equipamento audiovisual, caixas de viño ou cestas de produtos galegos, entre outros agasallos. Ademais, haberá premios para os primeiros e segundos clasificados das tres categorías nas que se divide o torneo, así como para a “mellor dama”, o “mellor junior”, o “mellor scratch” e os mellores “aproach solidarios” nos foxos 7 e 10.   

Os representantes de PoolStar Golf destacaron a implicación de máis dunha trintena de establecementos e empresas localizadas na comarca e lembraron que ao remate do sorteo, que terá lugar o 10 de setembro, e como colofón ao torneo as persoas participantes poderán degustar unha paella con música ao vivo