Estás no último curso de Periodismo e/ou Comunicación?
Estás no último curso de Periodismo e/ou Comunicación? Si? Tes que enterarte desta bolsa!
Quen a convoca? SIGNUS Sistema Integrado de Xestión de Pneumáticos Usados, EFEverde e EFEescuela da Axencia EFE.
Cal é o obxectivo? Fomentar a especialización en xornalismo ambiental entre estudantes universitarios.
En que consiste? A persoa seleccionada deberá realizar prácticas formativas en EFEVerde/EFEfuturo (área de difusión de información ambiental, científica e tecnolóxica da Axencia EFE) durante un ano (do 15 de setembro de 2014 ao 15 de setembro de 2015).
Que requisitos hai que cumprir?
- Estar matriculad@ no último curso de Ciencias da Información, rama Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual ou posgrao.
- Para facer as prácticas é imprescindible estar inscrito nos Centros de Orientación e Información de Emprego (COIE) das universidades durante todo o período formativo.
- Estar vinculad@ á Universidade durante todo o período da bolsa.
Que documentación hai que entregar?
- Currículo Vitae.
- Fotocopia da matrícula do último curso de Xornalismo e/ou comunicación Audiovisual ou curso de Posgrao.
- Fotocopia do DNI ou Pasaporte.
- Un vídeo ou traballo en formato audiovisual de non máis de 1,5 minutos de duración sobre as diferentes aplicacións que teñen os pneumáticos fóra de uso e o labor de SIGNUS. Os vídeos deberán subirse á canle de youtube do candidato e/ou ao seu perfil en redes co título Bolsas SIGNUS-EFEverde. O vídeo debe contar coas etiquetas #becasignusefeverde #SIGNUS e #efeverde para Twitter e "SIGNUS" e "efeverde" para Youtube. A ligazón da súa localización deber remitirse xunto cos datos persoais a: escuela@efe.es, co asunto: EFEescuela [Referencia: Becas Efe/SIGNUS]
- Os traballos que se presenten a esta convocatoria deben ser inéditos, non presentándose a outros premios ou recoñecementos.
A bolsa de estudos é de 7200 euros, repartidos en 12 mensualidades.
Cal é o prazo? O prazo de presentación de traballos péchase o vindeiro 30 de agosto.
+ info: Se precisades máis información podedes visitar esta ligazón.