Gústavos a Natureza?
Gústavos a Natureza? Amades a fotografía? "Habemus" cita: sábado 13 de setembro no Pazo da Cultura de Narón, en horario de 19 a 21 horas.
De que estamos a falar? O fotógrafo Carlos Caraglia, acompañado do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentaron hoxe en rolda de prensa o II Congreso Beautifulplanet.
Quen vai participar? Neste evento participarán algúns dos máis prestixiosos e premiados documentalistas e fotógrafos que inmortalizan a natureza como:
- José Lourido
- Julio Gómez Raindo
- Montse Grillo
- Isaac Fernández Galisteo
- Christian Fernández
- Enrique Pacheco
- Leandro Blanco
- e o propio Carlos Caraglia
Que nos van a amosar neste Congreso? Alí poderemos:
- contemplar as instantáneas máis impactantes da Natureza
- disfrutar coa proxección de vídeos,
- e contemplar unha performance na que participarán nen@s.
Cal é o obxectivo? Este evento persigue un único obxectivo, que é o de preservar o planeta.
Precisamente nese sentido falou o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, resaltando a importancia de ir recuperando o medioambiente e a natureza en todos aqueles espazos onde sexa posible. “Nos en Narón, por poñer un exemplo, recuperamos a área recreativa de Pedroso e o espazo medioambiental do río Xuvia”, sinalou o rexedor, recalcando a necesidade de deixar ás xeracións venideiras unha terra nas mellores condicións posibles.
O responsable de Beautifulplanet, Carlos Caraglia, destacou a calidade do evento que se desenvolverá o sábado no Pazo da Cultura, para o cal estanse a piques de esgotar as entradas. “Estamos moi satisfeitos de ter elexido Narón para desenvolver a segunda edición deste congreso, posto que o Pazo da Cultura reúne tódolos requisitos técnicos que nos precisamos”.
Guillermo Sánchez Fojo, Concelleiro de Cultura, tamén comentou que este congreso , formado por 11 ponencias dos mellores especialistas da fotografía e documentalistas, “é digno de recoñecemento público, debido á presenza dos mellores profesionais e á enorme calidade dos seus traballos. Penso que é un evento que vai gustar tanto ás persoas maiores coma á mocidade e ós nenos”.