A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a 2ª edición de Líderes de futuro, un programa de liderado e innovación social.
Este programa quere desenvolver as competencias clave dos mozos e mozas participantes e facilitarlles as ferramentas conceptuais e prácticas necesarias, que lles permitan enfrontarse con éxito a proxectos de innovación social na súa contorna.
Esta actividade formativa pretende tamén facilitar o contacto entre mozos e mozas líderes na nosa comunidade autónoma, construíndo unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impactos social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos e mozas a título individual.
- Interésache? O prazo de inscrición vai estar aberto ata o 15 de febreiro. En total, hai 20 prazas.
A quen vai dirixido?
- Persoas que formen parte das Entidades Xuvenís ou as rexistradas no Rexistro de Acción Voluntaria dá Dirección, Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- Mozos e mozas entre os 18 e 30 anos que a título individual participasen nalgún dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e demostren calidades para liderar na súa contorna proxectos innovadores cun impacto social positivo.
Metodoloxía e contidos: As sesións terán un formato áxil, de 4 sesións intensivas de 3 días de duración cada unha.
- Participación e empoderamento xuvenil. (3-4-5 de marzo).
- Innovación e emprendemento no ámbito da sociedade civil. (31 de marzo, 1-2 de abril).
- Emprendemento e modelos de negocio disruptivos. (5-6-7 de maio).
- Liderado social: características e competencias. (8-9-10 de septembro).
Onde se van a desenvolver? Albergue xuvenil de Gandarío. Cornida, 20. 15167 Bergondo (A Coruña).
Descarga a información completa.
Inscríbete: www.voluntariadogalego.org