NOVAS

III Concurso de deseño de xoiaría San Eloi: "O Mar"

Publicado o 10 de Outubro de 2014

Deseñades xoias? Tedes un montón de ideas bulindo na cabeza?

Xa está en marcha o III Concurso de deseño de xoiaría San Eloi. Nesta edición a temática será o mar. Este premio está organizado polo COXGA, Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.

O prazo? Os deseños de xoias deberán entregarse entre o 3 e o 10 de novembro, ámbolos dous días incluídos.

Os premios? Hai 1700 euros en premios agardando polas vosas ideas, non as deixedes escapar!

Queredes ver algúns exemplos doutros anos? A imaxe que acompaña este artigo é a do deseño que levou o primeiro premio o ano pasado, obra de Sonia María Vizcaíno. Ademais tedes neste album de Facebook os deseños finalistas desa mesma edición, preme aqui para velos.

Queredes seguir este evento? No COXGA crearon un evento no Facebook para seguir toda este concurso, se vas participar únete para estar ao tanto e convida a todas aquelas persoas que creas que poden estar interesadas. Preme aquí para ver o Evento en Facebook.

Moita sorte xoieir@s de Narón! Xa nos contaredes como vos foi!

   
Documento Tamaño
bases-A5-III-Concurso-San-Eloi-Desenadores.pdf 70.81 KB