O concurso emprende a súa segunda edición e permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de novembro.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha asociación de Concellos e Deputacións de Galicia, que leva dende o 1997 apoiando a proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países empobrecidos e realizando actividades de sensibilización en Galicia, pon en marcha o concurso fotográfico "Imaxes con Fondo".
O concurso emprende a súa segunda edición e permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de novembro. "Imaxes con Fondo" pretende ser unha ferramenta que promova reflexión, o pensamento crítico e un cambio na actitude da cidadanía. Participar nel é moi sinxelo, só se precisa ter un mínimo de 14 anos e unha cámara fotográfica ou un teléfono móbil que permita tirar fotografías.
Está dividido en dúas categorías:
- Dos 14 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
- Dos 18 anos en adiante: categorías adultas/os
Haberá, así mesmo, tres premios por categoría, destacando como premio da categoría xuvenil unha cámara fotográfica valorada en 450€. Na categoría de persoas adultas cabe destacar o primeiro premio, que consta dunha viaxe solidaria aos proxectos de Fondo Galego en Nicaragua.
Agradécese a difusión desta actividade, e como non, anímase a todo o mundo a participar!
Para máis información: http://fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo
Documento | Tamaño |
---|---|
BASES CONCURSO IMAXES CON FONDO.pdf | 148.93 KB |