NOVAS

Impact Weekend Narón 2016. Pavillón do Campo da Serra

Publicado o 21 de Xullo de 2016

A Asociación Cultural Impact impulsa, coa colaboración do Concello de Narón, o Impact Weekend Narón 2016, que se desenvolverá esta fin de semana no pavillón polideportivo municipal Campo da Serra de Santa Icía.

En total serán 3 xornadas, do 22 ao 24 de xullo, nas que está prevista a asistencia de máis de 100 persoas por día, según explicou Antonio Adalid, presidente da entidade.

Que actividades se organizan? Moi variadas e organizadas por diversas entidades:

  1. Asociación Retronarón: Exposición retro durante o sábado, con xogos de consolas tamén retro para os asistentes interesados.
  2. Asociación Mesa Cuadrada: Esta asociaicón propón o torneo X-Wing o sábado e partidas introdutorias de Bolt Accion, Infinity e Saga o domingo.
  3. Club Excalextric Narón: Esta entidade montará unha pista a catro carrís que estará operativa nas xornadas do sábado e o domingo.
  4. Asociación Legion Gamer: Traerá a Narón os torneos FIFA 2016 e Tekken.
  5. Asociación Cultural Impact: Nas diversas modalidades de cartas, inaugurará o venres pola tarde, a partir das 16.30 horas, os torneos clasificatorios Carnicerías de Legacy; o sábado desde as 10.00 o Impact Legacy e Carnicerías de Modern e o domingo, desde esa mesma hora o Impact Modern, xunto con torneos de Magic The Gatering durante toda a fin de semana nos formatos de Modern e Legacy.

A maiores das persoas inscritas, as interesadas poderán anotarse o propio día das actividades, antes do inicio das mesmas, no propio pavillón de Campo da Serra, a partir das 16.30 horas o venres e entre as 9.00 e as 9.50 o sábado e o domingo.

  • Quen vai xogar? Esta edición acudirán sogadoras e xogadores representantes de diferentes concellos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Madrid e Castela León, entre outros, e tamén desde Portugal. Entre as persoas convidadas a esta cita están Marta Molina (Segovia), unha das mellores alteradoras a nivel nacional do mundo Magic Gamergy, que amosará os seus traballos na localidade; e as cosplayers Kate Key (Zaragoza) e Belify Bel (Madrid), que realizarán cosplays específicos para o Impact Weekend desta fin de semana na localidade.

Máis información? As persoas interesadas en obter máis información sobre este evento, así como das normas para participar, poden facelo a través de diferentes redes sociais: Twitter (@impactreturns1); Instagram (ImpactReturns) e Facebook (Impact Returns), así como das páxinas web: www.impactreturns.com e asociacionculturalimpact.weebly.com.