Tedes un proxecto na vosa mente? Pois aquí temos o financiamento! Iniciativa Xove 2014
Pois aquí temos o financiamento! Iniciativa Xove 2014
O programa de Iniciativa Xove 2014 consiste nunha liña de axudas pensada para que a mocidade poida desenvolver as súas ideas e transformalas en proxectos reais e iniciativas de interese, que poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Como podedes participar? Pódese participar de 2 xeitos: como grupo informal de moz@s ou como asociación xuvenil (ou outro tipo de entidade) legalmente constituida.
Que condicións hai que cumprir? Os vosos proxectos teñen que ir dirixidos á mocidade da nosa comunidade autónoma e teredes que desenvolvelos dende o 1 de xaneiro ao 14 de outubro.
Quen as pode solicitar?
- Os grupos informais de moz@s que queirades desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que reunades os requisitos indicados na orde da convocatoria (Ver DOG) O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 moz@s con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberedes de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
- As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que esteades inscritas no censo oficial da DXXeV.
Podo ver algún exemplo? Se queredes coñecer outros proxectos desenvolvidos grazas a estas axudas, podedes botar un ollo á canle de Iniciativa Xove en YouTube
Como se solicitan?
- Cubrir e entregar o anexo I, e engadir a documentación necesaria que se indica na orde.
- Presentar a documentación preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es. Alternativamente, tamén se poderá entregar en papel nun rexistro oficial ou correos.
- O prazo de presentación será dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Precisades máis información? Podedes obtela na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, nos teléfonos 981 544866 / 981957057 ou no enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es. Lembrade que dende a OMIX do noso Concello tamén vos poden asesorar!
E se precisades dunha guía sobre como presentar o proxecto, podedes descargala ao pé desta nova! Ademais tamén vos deixamos o folleto informativo e o material gráficos para os medios de difusión.
Documento | Tamaño |
---|---|
folleto_iniciativa_xove_2014.pdf | 320.67 KB |
GUIA_ORIENTATIVA_PARA_A_ELABORACION_DO_PROXECTO.pdf | 43.71 KB |
imaxe_corporativa_iniciativa_xove_2014.zip | 74.88 KB |