NOVAS

Iniciativa Xove 2020

Publicado o 09 de Marzo de 2020

Programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas, poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade

Participarase de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

As actividades serán planificadas e desenvolvidas polos mozos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.

Prazo aberto ata o 10 de marzo de 2020.

Podes informarte na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.gal

Máis información: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove