NOVAS

Inmersión en lingua inglesa para 6º de primaria e 2º ESO

Publicado o 02 de Xuño de 2015

O Ministerio de Educación convoca 126 axudas para grupos de alumnos de 6º curso de Educación Primaria e 84 axudas para grupos de alumnos de 2º da ESO, co fin de participar nun programa de inmersión en lingua inglesa

Cales son os requisitos? Os alumnos deben estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos.

Quen acompañará aos grupos? VIaxarán acompañados por dous profesores: o seu profesor de inglés e outro profesor do centro cun coñecemento da lingua inglesa adecuado para participar nun programa de inmersión nesta lingua.

Cantos grupos formará o centro? Formará un grupo de entre 20 e 25 alumnos de 6º primaria ou de 2º da ESO.

Cando se levará a cabo a actividade? Levarase a cabo en datas comprendidas entre os meses de setembro a novembro de 2015 e realizaranse, en réxime de internado, en períodos semanais, de domingo pola tarde a sábado pola mañá.

Existen quendas? Existen 7 quendas que son:

  • Primeira quenda: do 27 de setembro ao 3 de outubro.
  • Segunda quenda: do 4 ao 10 de outubro.
  • Terceira quenda: do 11 ao 17 de outubro.
  • Cuarta quenda: do 18 ao 24 de outubro.
  • Quinta quenda: do 25 de outubro ao 31 de outubro.
  • Sexta quenda: do 1 ao 7 de novembro.
  • Sétima quenda: do 8 ao 14 de novembro.

 

Cando remata o prazo para presentar as solicitudes? Remata o 18 de xuño de 2015.

 

Para máis información consultar a páxina www.educacion.es