O Ministerio de Educación convoca 1870 axudas para a participación nunhas das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2015, para alumnos de 1º e 2º da ESO.
O Ministerio de Educación convoca 1870 axudas para a participación nunhas das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2015, para alumnos de 1º e 2º da ESO.
Cando se fan? No mes de Xullo de 2015.
A que vai dirixido? A alumnos de 1º e 2º da ESO.
Ata cando me podo inscribir? O prazo estará aberto ata o 20 de abril do 2015.
Existen quendas? Si, os alumnos de 1º da ESO estarán dende o 28 de xuño ata o 12 de xullo de 2015 e os de 2º da ESO dende o 12 de xullo ata o 26 de xullo de 2015.
E grupos? Dentro de cada curso os rapaces dividense en dous grupos: Grupo I e Grupo II.
Hai axudas? Existen as seguintes axudas:
- Grupo I: 550 axudas de ata 476 €.
- Grupo II: 385 axudas de ata 326 €.
Requisitos:
Para alumnos matriculados en 1º da ESO:
- Estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/2015.
- Ter obtido, como mínimo, "notable" como nota media do curso 2013/2014.
- Ter obtido, como mínimo, "notable" como nota final na materia de inglés no curso 2013/2014.
- Non ter sido beneficiario da axuda de convocatorias anteriores.
Para alumnos matriculados en 2º da ESO:
- Estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2014/2015.
- Ter obtido, como mínimo, "notable" como nota media do curso 2013/2014.
- Ter obtido, como mínimo, "notable" como nota final na materia de inglés no curso 2013/2014.
Como se sabe a que grupo pertences?
Os solicitantes que ata o 31 de decembro de 2014 se encontren nas seguintes circunstancias, integrarán o Grupo I:
- Orfandade absoluta do solicitante.
- Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado por minusvalía legalmente cualificada (+ 65% para pai, nai ou irmáns e +33% do solicitante).
- Pertencer a familias nas que o pai, nai ou titor legal encóntrese en situación de desemprego ou teña reconocida a incapacidade permanente absoluta.
- Pertencer a familia numerosa.
- Pertencer a familia monoparental.
Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias anteriores formarán parte do denominado Grupo II.