NOVAS

Intercambio subvencionado de prácticas en Italia

Publicado o 06 de Agosto de 2015

A Asociación Xuvenil Xeración en colaboración coa Xunta de Galicia promove un intercambio subvencionado nunha cidade na costa norte de Sicilia chamada Barcellona Pozzo di Gotto. Este intercambio está previsto que comece o 15 de setembro e finalice o 30 de novembro. As datas finais poderían variar entre 1 e 2 días.

Asociación Xuvenil Xeración en colaboración coa Xunta de Galicia promove un intercambio subvencionado nunha cidade na costa norte de Sicilia chamada Barcellona Pozzo di Gotto. Este intercambio está previsto que comece o 15 de setembro e finalice o 30 de novembro. As datas finais poderían variar entre 1 e 2 días.

Se estás interesado/a en participar estes son os requisitos que debes cumprir:

  • Ter entre 18 e 24 anos (ata 30 anos en caso de ter algunha discapacidade).
  • Estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil.
  • Residentes en Galicia.
  • Non ter traballado no último mes.
  • Non ter realizado ningún curso de máis de 40 horas nos últimos 3 meses.
  • Con motivación para descubir outra cultura, lingua e maneira de traballar.
  • Terán prioridade aqueles que nunca fixeron prácticas formativas.

 

Os sectores que se ofertan para estas prácticas son os seguintes:

  • Hostelería e restauración.
  • Servizos sociocomunitarios.
  • Electricidade e electrónica.
  • Instalacións e mantenemento.
  • Impresión e deseño gráfico.
  • Mecánica e mantemento de vehículos.
  • Xestión administrativa.

 

Este intercambio pertence ao proxecto FENIX. A idea consiste en que vaias vivir unha experiencia vital no estranxeiro botando 10 semanas traballando e vivindo en Italia. Todos os custos de viaxe, aloxamento, seguro e manutención están subvencionados. Ademáis recibirás apoio lingüístico e cultural tanto da Asociación Xuvenil Xeración como do socio de acollida para que a túa integración sexa o máis fácil posible.

A intención da Asociación Xuvenil Xeración e que o Proxecto FENIX sirva para descubrir outra maneira de traballar, aprender unha nova lingua, facer amigos doutros paises, mellorar o teu CV e, porqué non; para crecer como persoa.

Como funciona o proceso? Cubre a solicitude e enviánola antes do 20 de agosto. Aos candidatos que cumpran todos os requisitos faráselles un test a través do cal comprobar a súa motivación. Se resultas seleccionado axudaranche a que che resulte doado adaptarte á túa nova vida e lingua.

Canto custa participar no proxecto? Nada, 0 euros. Se estás na busca de emprego entendemos que non ten moito sentido facerche pagar un diñeiro que non tes.

Cantas prazas se ofertan? Ata un máximo de 10 participantes galegos na mesma tanda, estarás ben acompañado.

Se teño dúbidas, a quén podo contactar? Podes escribir á dirección de correo info@xeracion.org poñendo como obxecto Proxecto FENIX ou ben enviar unha mensaxe privada á páxina de Facebook da Asociación Xuvenil Xeración.

Onde vos podedes inscribir? Para formalizar a inscrición debes cumprimentar este formulario antes do 20 de agosto.

Máis información? Na web da Asociación Xeración: http://xeracion.org/fenix/