A Asociación Xuvenil Xeración promove un intercambio subvencionado para músicos na illa italiana de Sicilia, concretamente en Modica. Este intercambio desenvolverase entre o 20 e o 30 de agosto de 2015.
A Asociación Xuvenil Xeración promove un intercambio subvencionado para músicos na illa italiana de Sicilia, concretamente en Modica. Este intercambio desenvolverase entre o 20 e o 30 de agosto de 2015.
Se estás interesado/a en participar atende ben ás seguintes liñas. Estes son os requisitos que debes cumprir:
- Ter entre 18 e 30 anos
- Nivel de inglés oral bo
- Saber tocar un instrumento
- Ser socio de Xeración e estar ao día nos pagos.
Este intercambio pertence ao proxecto Seven Notes, One Europe. Trátase dun intercambio xuvenil que utiliza a música folk como ferramenta para explorar as raices culturais do noso continente. Os participantes analizarán as semellanzas e diferenzas entre as músicas tradicionais de Italia, España, Romanía, Bulgaria, Polonia e Letonia. A finalidade deste intercambio cultural é reforzar lazos entre as culturas destes países.
Finalmente gravarase un albúm nun estudo profesional que recompile diversas cancións compostas e tocadas polos participantes. As devanditas producións distribuiranse baixo licenza Creative Commons. Ademais organizarase un concerto público e diversas reunións culturais nas que compartir coa comunidade local tanto as cancións creadas durante o proxecto coma as identidades de cada un dos paises participantes.
De canto é a subvención? As persoas participantes terán o aloxamento e a manutención cuberta. Ao remate do proxecto reembolsaráselles os gastos da viaxe cun límite de 270 €.
Onde vos podedes inscribir? Para formalizar a inscrición debes cumprimentar este formulario.
Máis información? Na web da Asociación Xeración: http://xeracion.org/