Quentade os motores das vosas cámaras! Xa está en marcha a IV edición do Concurso de Fotografía do Concello de Narón.
O obxectivo deste concurso é amosar a riqueza de Narón tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares.
Que requisitos teñen que cumprir as fotos? Teñen que ser dun lugar ou entorno pertencente a Narón, e que ese sitio sexa recoñecible.
Cantas imaxes se poden presentar? 3 por participante, como nos anos anteriores.
Estas imaxes terán que ser inéditas, en branco e negro ou en cor, e admitiranse retoques pero non se poderán facer montaxes nin superposicións.
Ata cando nos podemos presentar? O prazo finaliza o día 21 de novembro. A inscrición é de balde, e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade.
Onde entrego as fotos? As fotografías entregaranse nun sobre pechado, no Rexistro Xeral do Concello.
+ info? Se queredes máis información tedes as bases deste concurso na web da Concellaría de Turismo de Narón: www.turnaron.es
E o xurado, xa se sabe quen van ser? Os membros do xurado serán:
- Kiko Delgado (fotógrafo de El Correo Gallego). Se queredes coñecer a súa obra un pouco máis este é o seu blog: http://kikodelgado.blogspot.com.es/
- Alfonso López (director de Cadena Dial Rías Altas)
- Manuel Alvarez (Técnico de Información e Comunicación do Concello de Narón)
- María Luaces (Responsable de Prensa do Concello de Narón)
- e María Rodríguez Porto (Concelleira de Turismo).
Haberá tres premios en metálico:
- 1º premio: 750 euros
- 2º premio: 300 euros
- 3º premio: 150 euros
Na presentación a Concelleira de Turismo fixo un chamamento público “ós naroneses e naronesas que lles guste a fotografía a participar neste concurso, no que ademais de optar a un premio pódelles servir para coñecer mellor o noso territorio e a nosa paisaxe” concluíu María Rodríguez Porto.