NOVAS

IV Mercado de 2ª Man: Aberto o prazo de inscrición!

Publicado o 27 de Maio de 2014

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar no IV Mercado de 2ª Man, que se celebrará o domingo 8 de xuño no Recinto Feiral do Trece (Sedes), con entrada gratis.

Queredes vir? bulide! Hai 120 prazas dispoñibles que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición. As instancias poden retirarse na páxina web do Concello (www.naron.es) ou ben no Rexistro Xeral do Concello, onde haberá que presentalas unha vez estean cubertas.

Ollo! Xa o sabedes doutras veces! Os participantes deberán ser maiores de idade, e non poderán ser comerciantes nin vendedores ambulantes. Non se admitirán animais, produtos alimenticios ou bebidas.

Canto vai costar? A inscrición é de balde, pero os participantes deberán comprometer a súa asistencia!

Desta volta o Mercado vai ter un "toke" solidario! Os participantes deben chegar 1 kilo de alimentos ou produtos de hixiene que irán destinados ó Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón.

Ó igual que en edicións anteriores, a organización proporcionará unha mesa e unha cadeira a cada participante inscrito, e unha hora antes da apertura poderán acceder ó pavillón para colocar os seus artigos.

O horario de apertura do IV Mercado de 2ª Man será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.