NOVAS

IV Mercado Medieval de Narón en Freixeiro

Publicado o 07 de Xullo de 2015

A cuarta edición do Mercado Medieval de Narón celebrarase esta fin de semana no parque fluvial de Freixeiro, entre o venres 10 de xullo e o domingo 11.

En total: 70 postos! Van pór á venda produtos de alimentación e artesania, entre outros.

  • Venres

Dende o venres ás 18.00 horas iniciarase un variado programa de actividades de animación que inclúe música, sesións de contacontos, maxia, pasarrúas e outros espectáculos que animarán a veciños e visitantes. A primeira xornada da convocatoria pecharase coa actuación do Fakir Testa (O home ignífugo), que dará comezo ás 23.30 horas.

  • Sábado

A celebración retomarase o sábado pola mañá, a partir das 11.00 horas, coa apertura dos postos do Mercado e continuará co desenvolvemento do variado programa deseñado para a ocasión, con múltiples actividades, ata as 14.30, momento no que chegará a “Hora del buen yantar”. Pola tarde o horario será desde as 18.00 ata o inicio do último espectáculo, que correrá novamente a cargo do Fakir Testa, ás 23.30 horas.

  • Domingo

Na última das xornadas do IV Mercado Medieval de Narón, o domingo, os concertos, pasarrúas, a maxia, os contacontos e os espectáculos de lume do Fakir Testa volverán ser os protagonistas no parque fluvial de Freixeiro tanto durante a mañá, entre as 11.00 e as 14.30 horas, como pola tarde, desde as 18.00 ata pasadas as 23.30 horas, cando finalice o último espectáculo.

Para a xente máis nova, teremos espectáculos a desenvolver durante os tres días, como “El libro mágico”, pensado para fomentar a lectura entre os nenos e nenas, ou “La captura del dragón”, cunha réplica dun exemplar de tres metros de altura que percorrerá a zona do parque fluvial de Freixeiro. Haberá tamén unha noria medieval, un castillo elástico e un carrusel. Narón mola!