Xornadas Técnicas?? Si. Deporte? Non, pementos. Ñam, ñam...
O vindeiro 7 de xuño no Salón de Actos da Cooperativa do Val, vanse celebrar as IV Xornadas do Pemento do Couto organizadas pola Concelllería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez. A edil reuníuse o pasado 29 de maio cos responsables da AVV de O Couto (Anselmo Beceiro, presidente), da Cooperativa de O Val (José Leira, xerente), e da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto (Enrique Gómez e Tomás Casal), para ultimar a organización deste evento.
Gústavos a horta? Cultivar pementiños do Couto? É unha boa oportunidade para vir a estas xornadas e aprender un pouco sobre esas "pequenas cousiñas verdes". A entrada será de balde.
Queredes saber que temas se van tratar nestas xornadas? Este é o programa a seguir:
- 9.00 horas: Recepción de visitantes.
- 9.15 horas: Presentación oficial das xornadas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco
PRIMEIRA SESIÓN
- 9.30 horas: Conferencia sobre “Produción de plántulas de pemento do Couto en viveiro” a cargo de Santiago Galego Castro (representante de Viveiros Sinde)
- 10.15 horas: Conferencia sobre “Sistema experto de Xestión de Pragas” a cargo de Alejandro Casteleiro (responsable do departamento de I+D do Grupo Austen)
- 11.00 horas: Rogos e preguntas
VISITA TÉCNICA
- 11.15 horas: Visita ós invernadoiros de Sinde
- 12:00 horas: Pausa para café
SEGUNDA SESIÓN
- 12.30 horas: Charla sobre “A protección dos cultivos nun contexto de crises” por César Fernández Portal (Syngenta Agro S.A.)
- 13.15 horas: Charla de “Análises da variabilidade xenética en pementos de Galicia” por Cristina Silvar (Universidade de A Coruña)
- 14.00 horas: Rogos e preguntas
- 14.15 horas. Clausura oficial
Estas xornadas técnicas forman parte do programa da Festa do Pemento do Couto, cuxa festa gastronómica celebrarase o derradeiro fin de semana de xullo. Haberá que ir preparando o bandullo para enchelo ben ese día!!