Xoves tarde? A mocidade naronesa non ten oportunidade de aburrirse! Este xoves no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 20:30 horas soará "La canción del bolsillo roto" do grupo Marcos Mella Trío.
Xoves tarde? A mocidade naronesa non ten oportunidade de aburrirse! Este xoves no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 20:30 horas soará "La canción del bolsillo roto" do grupo Marcos Mella Trío.
Queredes saber algo máis deste trío? O cantante ferrolán Marcos Mella é o fundador do grupo "El último gato" co que gravou dous CDs ("A miña idade" e "Desenchufados"). Esta formación levouno a compartir escenario cos grandes do pop español, como Los Secretos, La Unión, Amaral, etc...
Xa en solitario, unha vez disolto o grupo "El último gato", Marcos Mella lánzase a gravar o seu CD "La penúltima vida del último gato". Uns anos máis tarde, ofrécenlle a posibilidade de gravar "La canción del bolsillo roto", un traballo que o levou a compartir escenario con autores como Antonio Vega, Tontxu, ou Mikel Erentxun, entre outros. Podedes obter máis información no seu Facebook: https://www.facebook.com/lacanciondelbolsilloroto Aquí poderedes escoitar a súa música e ver algún dos seus vídeos.
Gústavos a súa música? Pois adiante, este xoves tedes unha oportunidade para escoitalos en vivo.
As entradas? As entradas poden adquirirse nas billeteiras do Pazo, ó prezo de 9´50 € para público xeral, e 6´65 € para abonad@s, usuari@s de carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregad@s.
Vémonos alí!