NOVAS

LUG HACK WEEK-END. REIMAXINA O RURAL | REINVENTA A TÚA VIDA. Evento o sábado 8 e domingo 9 de xuño en Lugo

Publicado o 23 de Maio de 2019

Realización o sábado 8 e domingo 9 de xuño, do evento local LUG HACK WEEKEND nas instalacións da Lug Open Factory en Lugo (Rúa Pintor Corredoira 4) A actividade será desenvolta pola Lug Open Factory en colaboración co Proxecto Atlantic Youth Creative Hubs AYCH e está orientado a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos

 A súa finalidade será a de brindar novas formas de formación e traballo á mocidade.

O evento estará repartido en dous días, cada un cunha programación determinada:

O sábado estará baseado na realización de obradoiros:

09:00 Recepción de participantes*

10:00 Workshops-Obradoiros:

  • Impresión 3D.
  • Marketing dixital.
  • Desenvolvemento de ideas.
  • Audiovisual.
  • Modelo práctico de negocio.

11:30 Descanso.

12:00 Workshops/Obradoiros*

13:30 Xantar.

15:00 Presentación de proxectos.

15:30 Creación de equipos.

18:00 Descanso.

18:30 Continuación de proxectos.

20:00 Cea.

*os obradoiros repítense, realizados en dúas quendas. De maneira que os asistentes poderán escoller entre un total de dous.

O domingo centrarase no desenvolvemento e exposición de ideas que xurdisen:

09:30 Almorzo.

10:00 Presentación de prototipos.

10:30 Continuación de proxectos.

13:30 Xantar.

15:00 Presentación de proxectos.

17:00 Clausura.

A participación ao evento, así como a mantenza, son de carácter gratuíto; ademáis, aqueles que veñan de fóra de Lugo contarán con aloxamento tamén de maneira gratuíta (prazas limitadas).

É necesario inscribirse no link: https://www.eventbrite.es/e/entradas-lug-hack-week-end-reimaxina-o-rural-reinventa-a-tua-vida-60586586110?aff=ehomesaved

O proxecto Atlantic  Youth  Creatives Hubs é un proxecto pertencente ao Área Atlántica de INTERREG, no que 13 socios de 4 países (España, Francia, Portugal e Reino Unido); busca fomentar o  emprendedourismo xuvenil a través da sustentabilidade, as novas tecnoloxías, aspectos sociais e a formación non tradicional. Isto conséguese a través de eventos locais como o que terá lugar en Lugo e eventos de ámbito transnacional; do mesmo xeito, o proxecto conta con ferramentas de formación como son as incubadoras ou as residencias.

Se precisa máis información, por favor visite a web www.aych.eu ou www.lugopenfactory.com