Desde a Concellería de Ensino do Concello de Narón, a edil da área, Mercedes Taibo.
Explicou a iniciativa na que participarán o alumnado de varios centros educativos da localidade no programa municipal "Arte na escola" que está enmarcado na proposta de "Apoio educativo aos centros", o obxecto según indicou "e implicar ás nenas e nenos nunha actividade artística que, ao mesmo tempo permite dun xeito lúdico e participativo fomentar a creatividade dos menores, a cooperación entre eles e a decoración de espazos elixidos desde os propios centros con deseños propostos por monitores da actividade".
Cóntase que participen máis de 200 escolares ata finais de ano, realizándose en horario lectivo e dirixido a nenas e nenos de Infantil e de Primaria.
Unha das actividades finalizadas recentemente foi a dedicada o traballo de Joan Miró, un dos máximos expoñentes da pintura surrealista de España que foi programada no CRA de Domirón.
Esta semana está previsto comezar o deseño elaborado para decorar unha parede do comedor do colexio da Solaina, espazo elixido desde o centro.
A maiores do traballo realizado en Domirón participarán tamén nesta iniciativa de “Arte na escola” alumnas e alumnos dos colexios da Solaina, da Gándara e do Fealantes do Nadal. Comentou tamén a Concelleira de Ensino que “Á vista da excelente acollida desta proposta, xa temos novas peticións de centros, polo que a partir de principios do vindeiro ano traballaremos cos colexios Santiago Apóstol, a Unitaria do CRA do Val, o Ayala e o Ponte de Xuvia”.