NOVAS

Mañá ábrese o prazo de solicitude dos cursos de “Ofimática” e “Márketing en liña. Deseña e promociona a túa web”

Publicado o 05 de Setembro de 2017

A Concellería de Formación e Novas Tecnoloxías, dirixida pola edil Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo para solicitar dúas accións formativas o Programa Municipal de Formación 2017.

Os cursos diríxense a persoas empadroadas en Narón e maiores de 18 anos.

A oferta correspóndese coas accións de “Ofimática” e “Márketing en liña. Deseña e promociona a túa web”, tal e como indicou a edil responsable das citadas áreas. O número máximo é de doce alumnos por cada unha das catro convocatorias existentes, que se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia.

 

 

 

  1. O curso de “Ofimática” -para persoas desempregadas- impartirase en dúas quendas, ambas do 18 de setembro ao 30 de novembro pero unha en horario de mañá e outra de tarde, cun total de 200 horas cada unha. Entre os contidos desta acción formativa, o alumnado abordará: Sistema operativo e aplicacións informáticas de tratamento de textos, de follas de cálculo e de bases de datos relacionais, entre outros.
  2. No que respecta ao curso de “Márketing en liña. Promociona a túa web” –dirixido a persoal en activo, de Pemes ou autónomos- explicou que terá lugar do 18 de setembro ao 6 de novembro unha edición e do 19 de setembro ao 28 de novembro a segunda (polas tardes, unha dous días e outra tres á semana) e trátase de convocatorias de 40 horas de duraciónIntroducción ás TICs e utilización con fins comerciais, marketing dixital e de contidos, páxinas web e publicidade en liña son algúns dos contidos deste curso. Neste caso, tal e como recordou a edil naronesa, recoméndase ao alumnado ter coñecementos a nivel de usuario de Internet (utilización de correo electrónico e de redes Sociais como Facebook ou Google Plus).

 

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías asegurou que se trata dunhas accións formativas “nas que o alumnado terá a oportunidade de adquirir unha serie de coñecementos moi útiles e que lles permitirán manexar con habilidade varios programas informáticos moi empregados na actualidade en determinados postos de traballo”. Hermida animou á veciñanza de Narón que cumpre os requisitos a solicitar estas accións formativas, destacando o importante esforzo que se realiza ano tras ano desde o Concello para manter e ampliar a formación a través deste programa municipal.

 

  1. As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario, a través do número de teléfono: 981 337 700 (ext.:1123).