NOVAS

Narón: 4.290 litros de aceite de cociña usado

Publicado o 08 de Xullo de 2013

A nosa natureza o vai agradecer! E nós tamén! :)

Que pasada! O Concello de Narón leva recollidos nos seis puntos de recollida que hai na nosa cidade nin máis ni menos que 4290 litros de aceite de cociña usado.

Temos que estar moi content@s porque estamos evitando que todo ese aceite se vaia polo vertedoiro, práctica que é moi perxudicial para o noso medio. 

Se queredes coñecer a normativa a nivel estatal podedes consultala aquí: http://www.magrama.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/prevencion-y-gestion-residuos/flujos/domesticos/fracciones/aceites-cocina/

Sabedes onde está situados os puntos de recollida no noso Concello?

  1. Praza de A Gándara
  2. Praza de Santa Cecilia
  3. Estrada de Castela, 50-52
  4. Rúa 25 de Xullo
  5. Estrada de Castela, 564 (Piñeiros)
  6. Xuvia (Praza do antigo Concello)

 

No que levamos de 2013, levamos recollidos 4290 litros, pero noutros anos tampouco o fixemos tan mal:

  1. 2012: 7440 litros
  2. 2011: 6600 litros
  3. 2010: 4200 litros

 

Aínda que estas cantidades están ben, non nos imos conformar! O Concello quere incrementar estas cifras, polo que están estudando diferentes propostas para aumentar o número de contenedores de aceite.

A nosa natureza o vai agradecer! E nós tamén! :)