NOVAS

Narón acolle o domingo 10 o Campionato Galego e Norte de España IBFA 2015 de Culturismo

Publicado o 06 de Maio de 2015

O Auditorio Municipal da Praza de Galicia será a sede da celebración, o domingo 10 de maio, do Campionato Galego e do Norte de España IBFA 2015, organizado polo Club “Escola Deportiva Revolution Natural Sport de Narón” en colaboración co Concello de Narón, quen ten cedido as instalacións para este fín.

Cantos competidores participarán ?

No campionato daranse cita cerca de 50 competidores/as de toda Galicia e do norte de España. Agárdase a presenza de representantes de Asturias, Cantabria, País Vasco, La Rioja e Castela e León.

Que premios se entregarán?

Entregaranse os trofeos de Campión Absoluto ‘Cidade de Narón’ e Trofeo Honorífico ‘Luis Pernas’, actual Mister Universo e Campión do Mundo.

Onde poden comprar as entradas ?

As entradas para presenciar este evento pódense adquirir o mesmo día nas billeteiras do Auditorio ou ben anticipadamente no Revolution Fitness Center de Narón ou na tenda de dietética e nutrición Natural Sport.

Canto custan as entradas?

O prezo das entradas é 10€. As butacas son numeradas e o aforo é limitado.

Para máis información, pódese chamar ó número 634 555 035.