NOVAS

A naronesa Paula María Viñas Cortizas gaña o primeiro premio do “VI Concurso de fotografía Cidade de Narón”

Publicado o 21 de Decembro de 2015

Xa temos vencedora do "Concurso de Fotografía Cidade de Narón"!

Desta volta o premio quedou na casa, xa que foi a naronesa Paula María Viñas Cortizas quen gañou o certame coa imaxe “Cardumen-1”. Como gañadora recibirá 750 euros en metálico. A súa foto é a que acompaña esta nova.

A edil de Turismo, Natalia Hermida, valorou a calidade dos traballos presentados a este certame, cunha temática, recordou, centrada na promoción do deporte na localidade. En total presentáronse vinte e nove fotografías realizadas por persoas de Narón, Fene, Ferrol, Irixoa e A Coruña.

  • O segundo premio recaeu en Juan Ángel Quintiá Valencia, de Fene, con “Natureza e benestar durante a carreira ao Castro de Eiravedra”, dotado con 300 euros.
  • O terceiro foi para María Elena Abad Martínez, de Ferrol, coa fotografía “Finish Golf Swing”, dotado con 150 euros.

A maiores das fotografías premiadas seleccionáronse nove máis das presentadas ao certame, todas pasan a ser propiedade do Consistorio, para ilustrar o calendario de sobremesa do Concello de 2016.

Queredes un destes calendarios? En total editaranse cincocentos que se repartirán no acceso da Casa do Concello a partir da última semana deste ano. A por eles! Abofé que han de ser ben chulos!