NOVAS

Nova actividade infantil na Biblioteca Municipal para nenas e nenos de máis de 4 anos!

Publicado o 13 de Xullo de 2016

O luns 18 de xullo, desenvolverase na Biblioteca Municipal a actividade para nenas e nenos maiores de 4 anos denominada “Túpiti, túpiti, túpiti, tap… xogar é para valentes!!!”.

O luns 18 de xullo, desenvolverase na Biblioteca Municipal a actividade para nenas e nenos maiores de 4 anos denominada “Túpiti, túpiti, túpiti, tap… xogar é para valentes!!!”. Trátase dunha convocatoria de animación á lectura entre os menores, incluida no programa Biblioespazo 2016. Durante esta actividade, que comezará a desenvolverse a partir das 11.00 horas, as persoas participantes gozarán dunha animada xornada de xogo na que un conto moi recoñecido entre os nenos e nenas será o eixo central da proposta, que contará coa colaboración de persoal da Biblbioteca. 

Queres inscribirte ou inscribir aos máis peques da casa? O prazo de inscrición nesta actividade xa está aberto, e ollo! pecha en canto se completen as vinte prazas dispoñibles. As persoas interesadas en anotarse deben ter o carné de socio da Biblioteca municipal e teñen que deixar os seus datos no mostrador das citadas instalacións, de martes a venres de 9.00 a 14.00 e os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas ou a través do número de teléfono 981 382 173.