O 24 de xullo ábrese unha nmova convocatoria para todas e todos os desempregados de Narón, maiores de 18 anos
A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Narón entre as 08:30 e as 13:00 horas. O prazo ábrese o día 24 de xullo ás 08:30 horas e péchase o 9 de agosto ás 13:00 horas.
A documentación de solicitude está dispoñible na web do Concello de Narón en Servizos, formación e actividades municipais e no Rexistro Xeral.
A selección de participantes realizarase por orde de inscrición.
Os cursos programados son os seguintes:
- Prevención de riscos laborais.
- Medio Ambiente e PRL Naval.
- Traballos en altura e verticais.
- Mellora da empregabilidade.
- Hixiene Alimentaria para manipuladores de alimentos.
- Primeiros auxilios.
- Autoemprego.
- Carnizaría.
- Soldadura MAG.
Para este último curso, é preciso acreditar 6 meses de experiencia como soldador, achegando xunto á solicitude de inscrición no curso un informe de vida laboral actualizado e contrato/s de traballo que acrediten dita experiencia.
Descarga a información completa: