Aqueles que estedes interesados e formarvos en actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco, dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca este tipo de cursos co obxectivo de achegar a mocidade galega actitudes seguras.
Para poder acceder a este cursos teredes que cumprir os seguintes requisitos:
- Ser mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saibades conducir.
- Non é preciso que sexades titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.
Os cursos impartiranse nas instalacións da:
- Escola Galega de Condutores San Martín SL
Plataforma de Estacionamento nº 2
Polígono Industrial de Teixeiro
15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña). - Datas de realización: 29 e 30 de outubro de 2016
Inscricións:
Número de prazas máximo de 15 por día
Número de prazas mínimo por día: 8
A inscrición será mediante envío de correo electrónico
A selección dos/as participantes realizarase por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas por día.
Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.
Cobertura:
- O curso é gratuíto
- O transporte ata o lugar de realización do curso e a manutención correrá a cargo do/a participante
- Recomendacións: Levar calzado axeitado e roupa de abrigo
Para máis información: xuventude.xunta@xunta.gal
Teléfonos : 981 545 822 e 981 545 937