NOVAS

Nova edición do concurso online "Lingua de namorar"

Publicado o 20 de Febreiro de 2017

Xa está en marcha unha nova edición do concurso online de amor en galego!! Este concurso vai dirixido á mocidade de 14 a 35 anos e ten como obxectivo a dinamización da lingua galega promovendo o seu uso nas relacións persoais e nas novas tecnoloxías entre a xente nova

As mensaxes

Cada persoa que participe pode enviar como moito 2 mensaxes, en galego, en prosa ou verso e cunha extensión máxima de 350 caracteres. O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 5 de marzo.

Categorías e agasallos

Hai dúas categorías para participar e tres agasallos por categoría:

  1. Categoría A (de 14 a 19 anos): 1º Smartphone Wiko 5” Qcore 3, 16 GB; 2º Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM; e 3º Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD.
  2. Categoría B (de 20 a 35 anos): 1º Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi;  2º Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB; e  3º Smartwatch SPC 9616T.

Do 6 ao 10 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto. Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 22 de marzo nesta páxina web.

Participar

  • Se desexas participar no concurso poes atopar toda a información nesta ligazón: PARTICIPAR!!