A Universidade da Coruña e Europe Direct-Deputación da Coruña organizan a segunda edición do Foro "Xuventude en movemento"
A Universidade da Coruña e Europe Direct-Deputación da Coruña organizan a segunda edición do Foro "Xuventude en movemento"
Os días 14, 15 e 16 de outubro terán lugar no pavillón de estudantes, Campus de Elviña, os primeiros obradoiros, de balde e con inscrición previa.
- 14 outubro, de 10 a 14 horas: Obradoiro de dinamización de emprego dirixidos a persoas emprendedoras. 1ª parte.
- 14 de outubro, de 16 a 20 horas Obradoiro: Como facer un bo currículo. Pensa xa cara ao emprego
- 15 de outubro, de 10 a 14 horas: Obradoiro de dinamización de emprego dirixidos a persoas emprendedoras. 2ª parte
- 15 de outubro, de 16 a 20 horas: A entrevista de traballo. Pensa xa cara ao emprego
- 16 de outubro, de 10 a 11:30 horas: Constrúete! Crea a túa estratexia persoal para a inserción laboral
- 16 de outubro, de 10:45 a 13:15 horas: A imaxe persoal para conseguir traballo
Pero non vai quedar a cousa só nestas actividades...haberá máis! Os días 28, 29 e 30 de outubro, tamén no pavillón de estudantes o Foro ofrecerá a posibilidade de participar en encontros, sesións formativas sobre cooperativismo e saídas laborais ó estranxeiro, voluntariado, prácticas en empresas e máis ferramentas que pretenden mellorar a empregabilidade da mocidade.
As inscricións son de balde e as podedes facer dende este enlace: http://xuventudeenmovemento.eu/inscricion/
Queredes máis información? Visitade a web do Foro: http://xuventudeenmovemento.eu/info/