
O programa, promovido polo Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo CISE co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, brindará formación e mentoring de forma gratuíta a mozas e mozos de 18 a 31 anos que queiran desenvolver as súas ideas de negocio.
Explorer premiará ós mellores proxectos de cada Explorer Space da USC (Santiago e Lugo) con un viaxe a Silicon Valley e lles permitirá optar a 60.000 euros en financiación.
Os emprendedores entre 18 y 31 anos poden inscribirse a través de Santander X, ata o 12 de decembro no programa Explorer ‘Jóvenes con Ideas’.
Esta plataforma dixital conecta a emprendedores de todo o mundo e lles ofrece acceso a distintas iniciativas de emprendemento impulsadas por universidades nun entorno dixital, aberto e colaborativo.
Todos os interesados en desenvolver a súa idea de negocio e optar ós premios, deberán presentar a súa candidatura a través dun formulario dispoñible en www.santanderx.com. Para máis información poden contactar nos teléfonos: 881 815 594 (Santiago) e 982 822 854 (Lugo).
Accede ós requisitos no seguinte arquivo adxunto:
Documento | Tamaño |
---|---|
Convocatoria programa Explorer 2019.pdf | 371.64 KB |