Non paran de organizar cousas dende a Biblioteca! Como "mola" tanta actividade!
Se nos aburrimos é porque queremos...
Desta volta a Biblioteca Municipal do Alto acolle a exposición itinerante “Influir no global dende o local: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto”, pertencente ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra pódese visitar ata o vindeiro 30 de outubro, no horario habitual da Biblioteca:
- luns a venres de 9:30 a 13:30 e 16 a 21 horas
- sábados de 10:00 a 13:00 horas
A mostra coincide coa conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se celebra neste mes de outubro.
Que é eso do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade? É unha asociación de Concellos e Deputacións de Galicia que, por medio do traballo en rede e co apoio institucional da Xunta de Galicia, leva 16 anos realizando proxectos de cooperación internacional, defendendo e promovendo os Dereitos Humanos Universais nos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos. Esta é a sua web, achegádevos: http://www.fondogalego.org/web/
Coa exposición "Influir no global dende o local" preténdese por de manifesto o papel das entidades locais como axentes activos na cooperación internacional para o desenvolvemento. Os 10 paneis que conforman a exposición, deseñados por Pepe Carreiro, amosan as accións e programas que levan a cabo os concellos e deputacións nos países menos favorecidos