NOVAS

Nova guía de Orientación Universitaria e Profesional "Guía Ti Elixes 2017"

Publicado o 04 de Maio de 2017

Con motivo da realización das XXV Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, a Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña publica a edición 2017 da Guía Ti Elixes

Con motivo da realización das XXV Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, a Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña publica a edición 2017 da Guía Ti Elixes, que ten como finalidade informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios (privadas, públicas ou a distancia), formación profesional,  como crear o seu CV,así como as saídas as profesionais, así como as saídas profesionais, xa sexan en España ou no estranxeiro, que teñen tras acabar o curso.

A Guía Ti Elixes 2017 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables  nestes dous ámbitos, e unha selección de bolsas e axudas que dispoñen os alumnos, xa se para continuar con estudos universitarios ou non.

A recopilación da información foi realizada polo Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da xuventude unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as diferentes convocatorias de interese para a comunidade educativa, como poden ser bolsas, prácticas profesionais, etc.

   
Documento Tamaño
GUÍA Ti Elixes 2017.pdf 1.24 MB