O vindeiro 28 de xuño ás 19:30 horas no Auditorio Muncipal da Praza de Galicia, temos unha nova cita coa solidariedade no Concello de Narón: I Desfile Solidario "Juntos Podemos".
Este evento está organizado polo Concello de Narón en colaboración coa Facultade de Enfermería e Podoloxía da Universidade da Coruña, e as ONG´s Dignidad Galicia e Cáritas Mondoñedo-Ferrol.
Como podemos participar nós? Pois moi fácil, o obxectivo é conseguir cartos e roupa para a xente que máis o necesita, así que podedes colaborar de varias maneiras:
- levando alimentos: leite, aceite, conservas, produtos de hixiene persoal...
- levando roupa
- aportando cartos nunha furna situada á entrada do Auditorio (abrirase ao final do evento para que conste diante de todos, e por escrito, cantos cartos se acadaron)
- mercando rifas para o sorteo
Todo o material que se consiga, vai ser xestionado polo Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Este desfile terá como particularidade aos modelos, que van ser voluntarios e usuarios de Cáritas e Dignidad, en total 62 persoas. Estes modelos terán que lucir roupa doada ou prestada para a ocasión por varios comercios de moda e pola tenda solidaria de Dignidad.
Pero ollo, gustaríavos ver ao Alcalde e outros membros da Corporación Municipal de Narón desfilando? Aos funcionarios? Todos eles van colaborar no desfile!! Vai ser moi divertido!
O acto vai estar dividido en catro partes, en función do estilo das prendas que se presenten:
- infantil
- sport
- festa
- moda nupcial
Pero non queda aí a cousa! Tamén vai haber sorteos de produtos donados por firmas comerciais, para participar só teredes que mercar as rifas a 2€.
Haberá que ir, ¿non?