A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou o venres pasado en rolda de prensa a nova páxina web da Biblioteca Municipal do Alto.
Esta plataforma tense remodelado para facela máis dinámica e interactiva, conservando ó mesmo tempo os contidos principais. “Temos incorporado seccións interactivas nas que a xente pode incluir aportacións e facer comentarios ou suxestións, e ademáis melloramos a navegación, facéndoa máis sinxela e accesible para todos”, indicou a edil.
A web da Biblio é un portal moi moderno e dinámico tanto na forma de presentar os contidos como na facilidade de actualización dos mesmos. Está construída baixo a tecnoloxía Drupal cun deseño web responsive que se adapta a todos os dispositivos.
A web está accesible na dirección http://biblioteca.naron.es. Neste novo espazo cultural do Concello de Narón recóllense todas as novidades da Biblio, concentrando nun só espazo todos os contidos que antes estaban repartidos en diferentes medios: blog infantil, web principal, blog para adultos... Ademais cumple con requisitos de accesibilidade e legalidade vixentes na rede.
Tal e como indicabamos anteriormente este novo portal abre portas e tende pontes á participación cidadá, mediante as funcionalidades:
- comentarios
- achegas de material
- contacto coas bibliotecarias
Biblioteca Pública Municipal de Narón
- Presentación
- Benvida
- Servizos
- As bibliotecarias responden
- Onde estamos
- Contacto
Catálogo
- Introdución
- Boletíns e outros documentos
- Autores/as destacados/as
Actividades
- Novas/blog
- Eventos
- Aporta os teus recursos (novidade)
- Listado de recursos aportados (novidade)
Galería audiovisual
- Fotografías (novidade)
- Vídeo (novidade)
Os contidos da web da Biblioteca tamén poden ser compartidos polos usuario e usuarias s nas diferentes redes sociais, e ademáis en breve a Biblioteca Municipal do Alto contará cun perfil propio en Facebook.