NOVAS

Novo campo de adestramento e fútbol 7 en San Mateo

Publicado o 14 de Outubro de 2015

A parroquia de San Mateo dispón dunha nova área de adestramento e fútbol xunto ao campo municipal da citada parroquia naronesa.

O campo de fútbol 7 ocupa unha superficie de 1.800 metros cadrados e nesa mesma explanada poderá adestrar o equipo superior. As obras comezaron co acondicionamento do terreo, desbrozándoo e retirando a maleza e co adecentamento das zonas verdes con aporte de zahorra natural e colocando area fina drenante, dándolle tamén unha pequena pendiente e bombeo á explanada para poder evacuar as augas. O proxecto incluíu ademais o peche da parcela cunha malla galvanizada e a construción dun pequeno muro de contención para acotar a zona. A obra completouse coa plantación de árbores no perímetro do recinto.

Este novo espazo deportivo complementará aos xa existentes noutras zonas do núcleo urbano e rural do municipio e poderán utilizalo os equipos da localidade, incluídas as categorías inferiores.

O Concello de Narón continuará apostando pola área municipal de Deportes e construirá nos vindeiros meses pistas multideporte en Xuvia, na Finca de Arzúa e na zona da Gándara.

Máis áreas deportivas para o noso Concello!