Dameuntokianos e dameuntokianas!! Xa está aquí! Xa chegou!!
Dameuntokianos e dameuntokianas!! Xa está aquí! Xa chegou!!
É a nova revista de Dameuntoke que xa está na rúa! Ai! Parece que foi onte cando saíu o primeiro número...
A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, é quen se encarga de promover a publicación desta revista de información xuvenil. Nesta edición imprimíronse preto de 1000 unidades, que van ser repartidos polos centros de ensinanza secundaria e polos edificios públicos municipais.
Queredes coller unha? Pois bulide, que voan! Quedaron moi chulas e todo o mundo quere unha:
- Colexio Santiago Apóstol (alumn@s de 3º e 4º de ESO)
- CPI O Feal (3º e 4º de ESO)
- Colexio Ayala (3º e 4º de ESO)
- IES Terra de Trasancos (Ciclos de Formación Profesional)
- IES As Telleiras e IES Terra de Trasancos (3º e 4º de ESO e Bacharelato)
- Pazo da Cultura de Narón
- Biblioteca Municipal do Alto
- Pavillón Polideportivo de A Gándara (piscina)
- Casa da Mocidade
Queredes saber que atoparedes neste número? Pois ides ter:
- un artigo sobre dous rapaces que están a convertir o seu deporte favorito na súa forma de gañar a vida
- unha reportaxe sobre reciclaxe
- coñeceredes que é o que une Narón con Hollywood e con "Galicia Canibal", da man de Iolanda Muiños, Muller do Ano 2013 do nosos concello.
- falaremos tamén do Encontro Local da Mocidade que se celebrou o venres
- e teremos unha entrevista sobre a actualidade municipal con NAtalia Hermida, Concelleira de Mocidade e Deporte, coa que falaremos do que está acontecer
Toda esta información por 0 euros! Bulideeeeee!