Guauuu! Temos un novo pavillón no Concello!
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e os representantes dos grupos políticos municipais visitaron o novo Pavillón Polideportivo de Santa Icía, construído xunto ó CEIP de A Solaina.
Este pavillón entrará en funcionamento a vindeira tempada deportiva. A nova instalación deportiva será empregada polo colexio ata as 19 horas, a partires desa hora o Padroado será quen faga uso dela para actividades deportivas. Os fins de semana estará reservado para competicións oficiais.
Un pavillón así, canto costa facelo? Sabede que o orzamento total foi de 903.734,21 € repartidos do seguinte xeito:
- Fondos Feder (convocatoria 2007/2012): 569.903,10 €
- Aportación municipal: 265.024 €
- Obras complementarias financiadas polo Concello: 68.807,11 €
Máis curiosidades sobre este pavillón:
- Superficie total: 1.995 m2
- Pista: 1.305 m2
- Planta 1ª: 426 m2
- Servicios, vestiarios, e outros espazos: 386 m2
- Gradas: 280 localidades (180 fixas + 100 supletorias)
Xa temos un novo espazo para facer deporte, o Concello de Narón suma e segue!