Novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3
A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego nas seguintes competencias clave:
- Comunicación en lingua galega.
- Comunicación en lingua castelá.
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
- Competencia matemática.
- Competencias en ciencia.
- Competencia en tecnoloxía.
- Competencia dixital.
As solicitudes poderán presentarse ata o 28 de setembro do 2011.
As probas terán lugar no recinto feiral de Silleda, en Silleda (Pontevedra).
Datas: 29 de outubro o nivel 2 e 5 de novembro o nivel 3.
Matemáticas: Sábado mañá. Das 10.00 ás 11.00
Lingua castelá: Sábado mañá. Das 11.30 ás 12.30
Lingua galega: Sábado mañá. Das 13.00 ás 14.00
Lingua estranxeira (inglés): Sábado tarde. Das 15.30 ás 16.30
Ciencia: Sábado tarde. Das 17.00 ás 18.00
Tecnoloxía: Sábado tarde. Das 18.30 ás 19.30
Dixital: Sábado tarde. Das 20.00 ás 21.00
Máis inforamción no DOG do 5 de setembro de 2011 e en http://traballo.xunta.es