Cando se abre o prazo de inscrición? O prazo permanecerá aberto do 11 ao 29 de maio, tendo que facer constar a solicitude a través do Rexistro municipal
Que requisitos se necesitan para solicitar a praza?
- Ter nacido nos anos 2005, 2004, 2003, 2002, 2001, 2000, 1999 e 1998.
- Estar empadroad@ en Narón
Onde será o campamento? No Colexio Calvo Sotelo de A Coruña.
Os rapaces e rapazas do Concello de Narón participarán na segunda quenda proposta, é dicir, a que abrangue do 5 ao 11 de xullo.
Existe unha cota de inscrición? A cota de inscrición será de 85 € que se ingresarán unha vez o interesado/a obteña a praza.
O sorteo público das prazas farase o día 2 de xuño, ás 12:00 horas sempre e cando haza máis solicitudes que prazas.
Onde podo pedir máis información sobre o campamento?
- Na OMIX de Narón, xa sabes que estamos na 1ª pranta da Casa do Concello. Tamén nos podes chamar ao 981 33 77 00 Ext. 1103 ou mandar un email a omix@naron.es
- Na Deputación de A Coruña, no teléfono 981 08 03 27, na páxina www.dicoruna.es ou no correo gabinete.deportes@dicoruna.es