NOVAS

O actor cómico Carlos Blanco e o ilustrador Luis Davila protagonizan este sábado a comedia “Menú da noite” no Pazo da Cultura

Publicado o 19 de Maio de 2016

O Pazo da Cultura acollerá este sábado a representación da comedia “Menú da noite”, protagonizada polo actor cómico Carlos Blanco e o ilustrador Luis Davila.

A representación, dunha hora e media de duración, comezará ás 20.00 horas e o prezo das entradas, xa á venta na taquilla do Pazo:

  • 10 euros no patio de butacas.
  • 8 euros nos anfiteatros se se compran de xeito anticipado.
  • 12 euros no patio de butacas.
  • 10 euros nos anfiteatros no caso de mercalas o propio día da actuación.

 

A obra é unha segunda entrega, tras “Menú do día”, na que os protagonistas vestían saias escocesas. Agora, con seus smókings, Carlos Blanco e Luis Davila suben de novo ao escenario para literalmente, cociñar en directo. Baile, animación, debuxo de viñetas en directo e música de Budiño e Kepa Junquera completarán este espectáculo no que o espectador gozará coas ocurrencias destes dous artistas galegos.