O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, clausurou o 15 de maio , no Auditorio Municipal da Praza de Galicia a 26ª edición do Certame Intercentros ‘Concello de Narón’
Cal foi a figura homenaxeada?
Está adicado á Xosé Filgueira Valverde , figura homenaxeada nas Letras Galegas 2015.
Qué centro foi o que organizo o certeme?
O centro organizador foi o IES As Telleiras, que contou co apoio do Concello de Narón.
En qué consistiu o apoio do concello de Narón?
Unha partida de 10.000€ para a realización do certame.
As modalidades premiadas foron as seguintes:
- Murais
- Conto e conto ilustrado
- Poesía
- Narrativa
- Cómic
- Teatro escrito
- Audiovisual
- Reportaxe xornalística
- Expresión oral
- Canción en galego
A elevada participación de estudantes de tódolos ciclos formativos (Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos) deixou patente que “este certame está máis vivo que nunca”. O Alcalde felicitou ós escolares polos seus traballos e ó profesorado polo apoio prestado nos mesmos.
Para o vindeiro curso 2015/2016, o XXVII Certame Intercentros do Concello de Narón será organizado polo IES Terra de Trasancos.