A Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña de Pedroso leva existindo dende hai 40 anos e conta con máis de 400 socios e socias. Se botades a conta para atrás veredes que están formando parte do entramado social do Concello dende o ano...(2013 menos 40, me levo unha, collo de aquí, quito de alá...vale!!)...1973!! Son máis antigos que o meu coche!
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu á nova directiva desta sociedade, que hai ben pouco que se constituíu e que por primeira vez nestes 40 anos está formada integramente por mulleres. Women Power!
As novas compoñentes desta directiva son Ana Belén García Torrente (presidenta), Mª Elena Gil García (vicepresidenta) e Montserrat Duro Piñón (secretaria). Segundo explicaron ó rexedor municipal, a intención desta nova directiva e continuar co programa de actividades, festas e cultura que se leva a cabo nesta asociación.
O Concello de Narón mantén unha estreita colaboración coa SCR “A Pombiña” a través da Mostra de Teatro Aficionado que promove o Padroado de Cultura nesta parroquia, a través da cal se representa unha obra cada fin de semana durante un mes do ano.
Se queredes estar ao tanto das novidades relacionadas coa Pombiña, podedes visitar o seu Facebook: https://www.facebook.com/scrapombina.pedroso
Dende Dameuntoke desexámoslles moita sorte nesta nova andaina!!