NOVAS

O alcalde recibe ós escolares do IES Terra de Trasancos, gañadores do Rally Matemático

Publicado o 14 de Abril de 2014

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu a semana pasada unha recepción institucional ós 7 nen@s de 1º de ESO do IES Terra de Trasancos que resultaron gañadores da fase autonómica do “Rallie Matemático Sen Fronteira”, e que representarán á comarca de Ferrolterra na final deste campionato, que se celebra en maio na localidade de Toulouse (Francia).

Os pequenos, con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos, preparáronse intensamente durante os últimos dous meses, a razón de dúas horas semanais en horario extraescolar e tamén con exercicios para practicar na casa, movidos polo entusiasmo da súa profesora, Consuelo Castro Vázquez, quen xa estivo na final internacional do Rallie Matemático fai 10 anos.

Os finalistas (Juanma, David, Antón, Iria, Manuel, David e Ana) deberán resolver problemas de lóxica mental, pero ante todo poderán disfrutar dunha experiencia inolvidable. Así o indicou o Alcalde de Narón, quen lles felicitou por ter chegado ata aquí. “Parabéns por ter acadado esta clasificación, que xa é un premio en sí. Pero o máis importante é que disfrutedes desta experiencia. E se gañades e traedes a Copa, pois aínda mellor” declarou José Manuel Blanco.

Na recepción de hoxe tamén participaron os Concelleiros de Ensino e Cultura de Narón, Mª del Carmen Espada e Guillermo Sánchez Fojo. Os rapaces recibiron unha serie de obsequios corporativos do Concello de Narón, entre eles un libro de rutas de sendeirismo e un DVD sobre o municipio.