NOVAS

O Alcalde reúnese cunha empresa de Rio do Pozo que ofrece aluguer gratuito de oficinas a emprendedores para desenvolver novos proxectos

Publicado o 22 de Novembro de 2011

As empresas interesadas en acceder a este servizo de aluguer gratuito, deberán ser empresas de nova creación (constituídas a partires do mes de novembro de 2011) e non desenvolver un negocio que supoña competencia para as industrias que xa están asentadas en Río do Pozo.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Pablo Villamar, reuníronse con Rosa Martínez, administradora da empresa Desarrollo Inmobiliario Narón (DIN Narón), quen lles presentou un proxecto de apoio ó  emprego novedoso.

Trátase da cesión, por un prazo de seis meses renovables por outros seis, dunha serie de oficinas a novos emprendedores, que queiran iniciar a súa actividade industrial no Polígono de Río do Pozo.

Con anterioridade, este proxecto xa foi presentado á técnica de emprego de Narón, e tamén se comunicará ó Concello de Ferrol e ó IGAPE, para que teñan constancia do mesmo.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a enorme importancia que teñe esta acción, nun momento compricado coma éste. “Aplaudimos esta iniciativa que ofrece unha empresa do polígono a outros emprendedores”, declarou.

As empresas interesadas en acceder a este servizo de aluguer gratuito, deberán ser empresas de nova creación (constituídas a partires do mes de novembro de 2011) e non desenvolver un negocio que supoña competencia para as industrias que xa están asentadas en Río do Pozo.

Para máis información, pódese contactar con Din Narón no enderezo web www.dinnaron.es ou ben por teléfono no número 629 436 580.