NOVAS

O Apalpador visita hoxe as Escolas Infantís de Narón

Publicado o 16 de Decembro de 2013

O Apalpador vai visitar hoxe as Escolas Infantís do Concello de Narón!

 Preparade as barrigas rapaciños e rapaciñas!

  • EIM A Gándara: 10:00 horas
  • EIM Piñeiros: 11:30 horas
  • EIM A Solaina: 18:00 horas


Sabedes quen é o Apalpador? O Apalpador é un vello xigante, de pelo e barba rubios e de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas do leste de Galicia e que vai vestido con boina e casaca esfarrapada e remendada.

Tamén o chaman “o Pandigueiro” e conta a lenda que na noite de Nadal ou de Noitevella baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pequenos estaban ben alimentados. Logo de desexarlles que no ano vindeiro non pasaxen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

O Apalpador achégase hoxe a Narón a contarlle aos máis pequenos a súa lenda, escoitádeo con atención! A ver se vos deixa unhas castaña, non?